martes, 23 de febreiro de 2016

Nova mascota de Radio Carcamán!

Xa temos a nova mascota de Radio Carcamán cun deseño mais actualizado. Noraboa a súa deseñadora Zaira Gondar Seoane, que resultou gañadora no concurso de deseño!

venres, 8 de xaneiro de 2016

Comezamos o 2016!

Radio Carcamán está de volta! Comezamos o ano con moita música, entretemento e a programación habitual de Radio Carcamán. Xa está dispoñible o calendario coas datas do segundo trimestre que podedes consultar na pestana "PROGRAMACIÓN" xusto aquí arriba. O luns 11 comezaremos coa emisión continuada de luns a venres de música de diversos estilos musicais. Por certo! Temos unha nova mascota de Radio Carcamán, en breve poderedes vela neste blogue e na porta da Radio!. Moito radio e moita música para este 2016!

mércores, 16 de decembro de 2015

Chegou o Nadal!

Xa veñen as panxoliñas, as comidas en familia e os Reis! Co Nadal, marchamos de vacacións. Pero para o ano 2016 máis e mellor Radio Carcamán para toda a Illa de Arousa! Teremos un novo dial, un novo logotipo, moita máis música e moitos máis programas! Nas vacacións podedes escoitar os programas antigos na pestana de "ARQUIVO", xusto aquí arriba. Boas Festas a todas e todos!