venres, 14 de abril de 2023

CONCERTO DIDÁCTICO GRUPO LONTREIRA NO AUDITORIO DA ILLA DA AROUSA (13/04/23)


O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares programou unha actividade para conmemorar o Día da Poesía e  como actividade integrada dentro do Proxecto Anual deste curso que é A Escritura.

Deste xeito, o xoves acudimos todo o colexio a un encontro cun grupo de música local chamado Lontreira, do cal Adriana (a cantante), é exalumna do noso centro. Estivemos escoitando a súa música, os seus poemas e tamén compartiron con nós como é o proceso de creación artística do grupo; invintándonos a crear un tema conxunto entre as nosas verbas e a súa música.

Se queredes saber máis deste grupo, deixamos a súa páxina web a continuación:

https://lontreira.gal/