venres, 22 de setembro de 2023
POEMA AO OUTONO CATIVADA DE 6º EI
luns, 5 de xuño de 2023
DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE. Entrevista a Ana. 4ºA
A continuación podedes escoitar unha pequena entrevista que lle fixo o alumnado de 4ºA a Ana Millán, membra e presidenta da Asociación AROUSA EN TRANSICIÓN.
xoves, 1 de xuño de 2023
AVISO!!!!! IV OPEN INTERNACIONAL DE XADREZ EN SILLEDA!!!!
SE VOS GUSTA O XADREZ E QUEREDES PASAR UN BO DOMINGO, NON O PERDADES!!!!
domingo, 28 de maio de 2023
CARREIRA DE ORIENTACIÓN LETRAS GALEGAS 2023+ XOGOS+CIRCUITOS CON PATINETES NO REGUEIRO!!!! 2º ED.Primaria
Hoxe desprazámonos ata A Praza do Regueiro para facer alí unhas actividades de EF co alumnado de 2º . Resumindo fixemos unha carreira de Orientación onde o alumnado por equipos tiñas que buscar unha serie de pistas espalladas por todo o Regueiro seguindo o mapa "CARCAMÁN", despois 10 minutiños de xogo libre cos compañeir@s e rematamos con circuitos variados co patinete!!!
PASÁMOLO XENIAL E APRENDEMOS MOITO!!!
A continuación podedes ver un pequeniño vídeo do que fixemos!!! Esperamos que vos guste!!!
martes, 16 de maio de 2023
REVISTA CARCAMÁN 23. LETRAS GALEGAS 2023. CEIP TORRE ILLA CURSO 22- 23
venres, 14 de abril de 2023
CONCERTO DIDÁCTICO GRUPO LONTREIRA NO AUDITORIO DA ILLA DA AROUSA (13/04/23)
O Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares programou unha actividade para conmemorar o Día da Poesía e como actividade integrada dentro do Proxecto Anual deste curso que é A Escritura.
Deste xeito, o xoves acudimos todo o colexio a un encontro cun grupo de música local chamado Lontreira, do cal Adriana (a cantante), é exalumna do noso centro. Estivemos escoitando a súa música, os seus poemas e tamén compartiron con nós como é o proceso de creación artística do grupo; invintándonos a crear un tema conxunto entre as nosas verbas e a súa música.
Se queredes saber máis deste grupo, deixamos a súa páxina web a continuación:
luns, 27 de marzo de 2023
martes, 7 de marzo de 2023
Entrevista as aviadoras María del Mar e Nuria ( 8 de marzo)
Hoxe visitaron o noso cole 2 pilotas de avións, María del Mar e Nuria. Tivemos a oportunidade de coñecer moitas cousas e ademáis fixémoslle ata unha entrevista...
domingo, 12 de febreiro de 2023
DÍA MUNDIAL DA RADIO ( Radio Carcamán- Ceip Torre Illa) . O 13 de febreiro 2023. PONTE NAS ONDAS
Para celebrar o día mundial da Radio unha representación de 12 alumn@s de 6º de ED. Primaria do Ceip Torre Illa, colaboradores de RADIO/TV CARCAMÁN e 2 mestres desprazámonos ata Radio AROUSA ( CADENA SER), en Vilagarcía para coñecer como é unha radio profesional e tivemos a oportunidade de participar en directo no programa HOY POR HAY AROSA !!! Moitas Grazas a Montse e a Eloy pola súa amabilidade, coñecimos, aprendemos, debatimos e sobre todo desfrutamos dunha experiencia única que seguramente repetiremos nun futuro!!!
EN PONTE NAS ONDAS...