venres, 8 de xaneiro de 2016

Comezamos o 2016!

Radio Carcamán está de volta! Comezamos o ano con moita música, entretemento e a programación habitual de Radio Carcamán. Xa está dispoñible o calendario coas datas do segundo trimestre que podedes consultar na pestana "PROGRAMACIÓN" xusto aquí arriba. O luns 11 comezaremos coa emisión continuada de luns a venres de música de diversos estilos musicais. Por certo! Temos unha nova mascota de Radio Carcamán, en breve poderedes vela neste blogue e na porta da Radio!. Moito radio e moita música para este 2016!