mércores, 16 de decembro de 2015
Chegou o Nadal!
Xa veñen as panxoliñas, as comidas en familia e os Reis! Co Nadal, marchamos de vacacións. Pero para o ano 2016 máis e mellor Radio Carcamán para toda a Illa de Arousa! Teremos un novo dial, un novo logotipo, moita máis música e moitos máis programas! Nas vacacións podedes escoitar os programas antigos na pestana de "ARQUIVO", xusto aquí arriba. Boas Festas a todas e todos!
xoves, 5 de novembro de 2015
Ampliamos horarios de emisión!
Agora Radio Carcamán emite de xeito continuado de luns a venres! Ademais da programación habitual dos nenos e nenas da Illa, os luns, mércores e venres de 13.30 a 14.00, a partir de agora Radio Carcamán ofrece música sen interrupcións de luns a venres. Música folc, jazz, pop, rock, clásica, infantil...un regalo para os vosos oídos!
luns, 26 de outubro de 2015
O venres 30 e o luns 2 Radio Carcamán marcha co Samaín!
Recordade que este venres 30 de outubro e o luns 2 de novembro non temos clase así que non haberá programación de radio Carcamán. Voltaremos o mércores 4 de novembro cas nenas e nenos de 4ºA. Disfrutade do Samaín!
luns, 19 de outubro de 2015
Arrancamos!
Por problemas de última hora tivemos que anular o noso primeiro programa da tempada, pero non vos asustedes! Comezamos o mércores 21 de outubro co grupo de 6º B. Agora sí, ARRANCAMOS!!!!
luns, 21 de setembro de 2015
Arranca a programación de Radio Carcamán!
O curso está en marcha e como non podía ser menos, a Radio Carcamán comeza coas súas emisións. Será o día 19 de outubro cando comecemos cos programas da nova tempada. Como sempre emitiremos dende o 99.9 fm ou ben en liña, no enlace que tedes á vosa dereita os luns, mércores e venres ás 13.30. Para consultar a programación mira mais abaixo no "Google calendar" ou na pestana "PROGRAMACIÓN". Disfruta nas ondas!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)