luns, 12 de decembro de 2016

Xa está aquí o Nadal!

Radio Carcamán colle vacacións de Nadal e deséxavos unhas felices festas.O ano que ven voltaremos con moita mais programación e con algunha que outra sorpresa. Para os que queirades seguir disfrutando de Radio Carcamán durante o Nadal non esquezades que podedes escoitar os programas antigos na pestana "ARQUIVO". Bo Nadal!

luns, 17 de outubro de 2016

Iniciamos a programación, e de que maneira!

Este venres 14 de outubro tivemos a inmensa sorte de poder entrevistar á cantante brasileira Katya Teixeira e a Uxía Senlle. Así comezou  a programación de Radio Carcamán deste ano,cun programa especial de luxo! Continuaremos coa nosa programación regular o luns 24 de outubro, iniciando a noso horario habitual de luns, mércores e venres ás 13.30. ARRANCAMOS!

Aqui podedes escoitar a entrevista a Katya Teixeira e Uxia Senlle:
Programa especial Katya Teixeira-Uxía Senlle



luns, 13 de xuño de 2016

Radio Carcamán despídese ata o curso que vén!

O verán xa está cerca, e Radio Carcamán colle vacacións! Esperamos que disfrutedes do merecido descanso, e para o ano voltaremos con mais música, contos, bromas, noticias e moito, mooooito mais! Non esquezades que podedes escoitar os vosos programas gravados na pestana ARQUIVO. Un saúdo e ata o ano que vén!