luns, 13 de xuño de 2016

Radio Carcamán despídese ata o curso que vén!

O verán xa está cerca, e Radio Carcamán colle vacacións! Esperamos que disfrutedes do merecido descanso, e para o ano voltaremos con mais música, contos, bromas, noticias e moito, mooooito mais! Non esquezades que podedes escoitar os vosos programas gravados na pestana ARQUIVO. Un saúdo e ata o ano que vén!

mércores, 30 de marzo de 2016

Programación 3º trimestre!

Xa está dispoñible o calendario coa programación do 3º trimestre, se queredes saber cando é o voso programa favorito tan só tedes que pulsar a pestana "PROGRAMACIÓN"!

xoves, 3 de marzo de 2016

Programa especial de Radio Carcamán!

Hoxe temos a sorte de contar coa guionista e dramaturga Eva Redondo e co director de cine Marcos Vilariño que están ensinando aos nenos e nenas de 4ºB como facer unha película, dentro do plan "Ti es creador" promovido pola Consellería de Educación e pola SGAE. Non o perdades!