O alumnado de 4º fixo un conto colaborativo para participar nun concurso chamado . E ti que pensas sobre a Igualdade? da Deputación de Pontevedra. O luns 16 de xuño o alumnado de 4º coa súa titora Mónica desprazáronse ata Pontevedra ao auditorio do Príncipe Felipe, onde recolleron varios agasallos.
martes, 17 de xuño de 2025
1º PREMIO sobre Igualdade " Xaime o heroe da Igualdade" (17/06/2025)
sábado, 17 de maio de 2025
IV TORNEO BÁDMINTON CEIP TORRE ILLA 24-25 (3ºA-3ºB)
O alumnado de 3º participou como outros anos no Torneo interno de Bádminton, no seguinte vídeo podedes ver a entrega de premios a tod@s os participantes.
MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!!
👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇👇
luns, 12 de maio de 2025
TORNEO XADREZ INTERCENTROS IES A BASELLA (VILANOVA)
O CEIP TORRE ILLA participará neste fantástico Torneo Intercentros!!!!
mércores, 26 de marzo de 2025
Visita a Radio Arosa - Cadena Ser
Hoxe o alumnado de 3º A-B do Ceip Torre illa desprazouse ata os estudos de Radio Arosa para visitar unha radio profesional e participar no programa Hoy por Hoy Arosa da man de Eloy Magariños e o seu equipo. Tamén puidemos facerlle algunhas preguntas ao alcalde da Arousa, Luís Arosa.
domingo, 23 de marzo de 2025
PODCAST para CONCURSO JOSÉ HERMIDA .
Podcast co que o alumnado de 3º A-B do Ceip Torre Illa participa no concurso PODCAST de radio escolar "JOSÉ HERMIDA" de Radio Pontevedra- Cadena Ser.
Esperamos que vos guste e o desfrutedes tanto coma nós.
CEIP TORRE ILLA CURSO 2024-2025
domingo, 9 de febreiro de 2025
COUSIÑAS PARA O DÍA MUNDIAL DA RADIO (PONTE NAS...ONDAS) 13 de FEBREIRO 2025
- Van 2 INFORMATIVOS DE RADIO/TV CARCAMÁN : Informativo semanal que fai o alumnado de 5ºA-B, coas súas titoras ( Belén e Mila); onde o propio alumnado prepara o programa de principio a fín: Busca de noticias locais e galegas, preparación de escaleta, ensaios, borradores, xestión da parte técnica e gravación do programa todos os mércores en directo. Envío enlaces ao canle de you tube e tamén a plataforma ivoox: